Este trozo de papel de periódico aparecía hoy en la calle...
La noticia era tan importante que no nos detuvimos hasta conseguir el periódico ( Novas de Arzúa) y transcribir la noticia entera que dice así:
>Hoxe, por fin, tras moitos anos facéndose de rogar, os Pinchacarballos deciden dar a coñecer por escrito a súa obra e con ela, todas as súas aventuras.
A literatura deste colectivo de heroes e heroínas arzuás, oral e animista, como foron na historia das civilizacións todas as literaturas antigas será actualizada nun blogue dixital dacordo cos novos formatos de escritura da nosa máis fervente actualidade. Os nosos Pinchacarballos, grandes escritores de pergamino e papiro decidiron, desta vez, adaptárense aos novos tempos e proporcionarnos o prazer de lelos e escoitalos a través da telaraña da rede ( Internet)
No blogue titulado " Historias d'Os Pinchacarballos" estas grandiosas e épicas personaxes divulgarán, por fin, os seus cantos, os seus mitos, as súas lendas e en definitiva, todas as súas aventuras nas carballeiras e fragas dunha Terra Mítica chamada Arzúa.
A iniciativa foi promovida pola Abuela Sab que aínda que coñecedora de que a lingua destes pinchacarballos é, sen lugar a dúbidas, o galego, decidiu que a lingua de redacción do blogue fose o castelán dado que quince destes pinchacarballos deberán pasar a finais de xuño de 2012 unhas durísimas probas de nivel nesta lingua.

No hay comentarios:
Publicar un comentario